MOP
paolo-roversi-book-signing-v.png

19/06/2026, 18:00

Evento pasado

Actividades

Firma do catálogo da exposición Doubts con Paolo Roversi.

O venres 19 de xuño, un día antes de inaugurar a súa exposición Doubts, Paolo Roversi estará firmando exemplares do catálogo desta mostra na libraría do Centro MOP.

O acto estará precedido por unha visita guiada en primicia á exposición a cargo do equipo de guías da Fundación.

O evento ten cabida para 50 persoas. As entradas serán de balde (máximo unha por persoa), e estarán dispoñíbeis unha semana antes da firma (venres 12 de xuño) a partir das 11 da mañá.

A fin de axilizarmos o proceso de firma, cómpre adquirir en prevenda o catálogo para poder reservar a praza. O catálogo ten un prezo de 69,95 € e entregarase a cada asistente ao momento da firma.

Acerca de Doubts

Doubts, a exposición de verán de 2026 que a Fundación MOP dedica a Paolo Roversi, reunirá obras icónicas con imaxes até o momento inéditas, nun percorrido íntimo polo universo artístico do fotógrafo. Na exposición atopamos moitos dos elementos que mellor definen o seu xeito de traballar, incluída a súa profunda fascinación polas posibilidades experimentais que ofrece a Polaroid. Con Doubts, Roversi transformará, até o 20 de setembro, a nave do Centro MOP nunha rede de nove seccións interconectadas, cada unha das cales expresa unha faceta diferente da súa estética: Theatre, Appearances, Shadows, Doubts, People, Presence, Grace, Beauty e Fading. En conxunto, estas seccións dan conta da extraordinaria magnitude da mestría técnica de Roversi.

Acerca do catálogo de Doubts

Durante as súas catro décadas de traxectoria profesional, Paolo Roversi fraguou unha linguaxe fotográfica que dá lugar a unha combinación única entre a elegancia, o misterio e a vulnerabilidade. Tal e como revela o catálogo da exposición, as mellores obras de Paolo posúen unha capacidade prodixiosa para prolongar a vida das súas imaxes alén das paredes da galería.Ao longo das súas 344 páxinas, Doubts é, a un tempo, un eco da exposición mesma —organizado seguindo a mesma secuencia temática: Theatre, Appearances, Shadows, Doubts, People, Presence, Grace, Beauty e Fading—, e un conxunto de reflexións sobre a obra de Paolo da man de colaboradores e críticos, incluídos Vince Aletti, Wim e Donata Wenders, Carla Sozzani, Darius Khondji, Sarah Moon, Małgosia Bela e Saskia de Brauw.Deseñado por M/M Paris, con debuxos orixinais de Mathias Augustyniak e publicado por The MOP Books, Doubts poderá adquirirse na libraría da Fundación a na súa páxina web.