MOP
david-sims-mop-ovixia-cover-2.png

21/11/2026 - 01/05/2027

Proximamente

Exposicións

David Sims: The Hamster Becomes The Problem

Nacido en Sheffield en 1966, Sims demostrou durante toda a súa traxectoria unha formidábel sensibilidade para interpretar os cambios da cultura contemporánea. Desde o eido editorial ao publicitario, pasando pola súa obra máis persoal, Sims desafía unha e outra vez as convencións da fotografía de moda.

Entre a moda e o documental, o íntimo e o performativo, o rebelde e o tenro, a exposición revelará un artista sempre atento ás nocións cambiantes de identidade, beleza e representación, dotado dunha comprensión instintiva do seu rol como creador de imaxes e dunha aguzada percepción da sensibilidade dos seus públicos.

The Hamster Becomes The Problem será inaugurada o 21 de novembro de 2026 e permanecerá aberta ao público até 1 de maio de 2027.

image