
Este libro é unha biografía de Keith Haring, artista e activista social estadounidense, coñecido pola súa arte pop que xurdiu da escena do grafiti de Nova York da década de 1980.
A súa obra caracterízase por figuras con contornos simples e vibrantes, a miúdo con mensaxes de concienciación social sobre o sexo seguro e a SIDA.
Saltou á fama cos seus debuxos con xiz en estacións de metro, influenciados pola arte urbana e a cultura punk, o hip-hop e o break dance.
Rexeitou o elitismo da arte e optou por espazos públicos e produtos accesibles.
Morreu en 1990 por complicacións relacionadas coa SIDA.
Autoría
- Elisabeth Sussman – Autora
- Museo Whitney de Arte Americana – Entidade colaboradora
Estantería
