MOP
web-oscar-companioni-wedding-editorial-40A.JPG

07/03/2026, 10:00 - 08/03/2026, 19:30

Evento pasado

The MOP Center

La mirada escénica

A ollada escénica: curso de iniciación á visión fotográfica. 2ªEdición

A OLLADA ESCÉNICA: CURSO DE INICIACIÓN Á VISIÓN FOTOGRÁFICA

Sábado 7 de marzo de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 19:30 h

A fotografía é unha expresión artística que se relaciona estreitamente coa pintura e co cinema. Neste curso abordaremos como estas tres disciplinas artísticas se conectan entre si.

Información

Público: maiores de 18 años

Prazas: 15

Material necesario: cámara fotográfica ou móbil

Prezo: 60 €

Impartido polo el fotógrafo Óscar Companioni

Programa do curso

Sesión da mañá (de 10:00 a 14:00 h, cunha pausa para o café de 11:30 a 12:00 h)

Historia da fotografía

— Dende Leonardo da Vinci ata hoxe.
— Importancia da fotografía na sociedade actual.
— Figuras importantes na historia da fotografía.

Compoñentes básicos da cámara

— O corpo da cámara, o obxectivo, o obturador, o diafragma, o sensor ou película e outros compoñentes.

A cámara fotográfica

— Funcións e tipos de cámaras.
— Obxectivos, modos de disparo e enfoque.

Conceptos básicos da fotografía

— Medición da luz e o triángulo de exposición.
— Profundidade de campo, balance de brancos e nitidez.

Sesión da tarde de 15:30 a 19:30 h

— Visionado e análise de fotografías, pinturas e obras cinematográficas.
— Recomendación de longametraxes.

O domingo 8 de marzo, con carácter voluntario, realizarase unha ruta fotográfica nas proximidades da Fundación MOP para poñer en práctica todo o aprendido o día anterior e, esa mesma tarde, proxectaranse as fotografías de todas as persoas participantes para compartir os seus traballos e a experiencia durante o curso.