14/07/2025, 10:00 - 18/07/2025, 13:30
Evento pasado
The MOP Center
Para crianzas nacidas entre 2013 e 2017
SUMMER PHOTO LAB
SUMMER PHOTO LAB
O Centro MOP acolle o seu primeiro campamento de verán, o Photo-Summer-Lab, un curso de creación dunha semana de duración no cal os participantes descubrirán o legado único de David Bailey. Trátase dunha proposta de verán pensada para que nenas e nenos descubran a fotografía a través da experimentación, o xogo e a creatividade.
Mediante obradoiros dirixidos polo equipo educativo da Fundación MOP e cun acompañamento personalizado, exploraranse técnicas fotográficas como o autorretrato nun ambiente estimulante, artístico e divertido.
Condicións da actividade
- 20 prazas para nenos nados entre 2013 e 2017
- Data: do 14 ao 18 de xullo de 2025
- Horario: de 10:00 a 13:00 horas (entrada desde as 09:30 horas).
Recepción e recollida dos participantes
Os nenos e nenas chegarán acompañados dunha persoa adulta responsábel indicada previamente no formulario de inscrición, que tamén se fará cargo da súa recollida ao finalizar a xornada. No caso de existiren outras persoas autorizadas para tal fin, é preciso incluír os seus nomes no apartado correspondente do formulario.
Lugar dos obradoiros
Todas as actividades do Photo-Summer-Lab se desenvolverán no espazo educativo da Fundación MOP. Non están previstas saídas fóra desta contorna, polo que non se requiren autorizacións adicionais.
Custo e condicións
A inscrición ten un custo de 65,00€, que inclúe a participación en todas as actividades programadas cos materiais necesarios, así como un pequeno pícnic diario a media mañá. Este importe cobre a reserva dunha praza, polo que non será posíbel facer devolucións nin modificacións unha vez formalizada a inscrición.
Autorización de imaxes
Xa que o obradoiro é de carácter fotográfico, o formulario de inscrición contempla un apartado específico para a autorización do uso de imaxes tomadas durante o Photo-Summer-Lab. É necesario revisar con atención as condicións antes do inicio da sesión.
Condicións médicas, necesidades específicas de aprendizaxe e outros datos de interese
Co fin de ofrecer unha experiencia coidada e adaptada a cada participante, o formulario inclúe un espazo para compartir información relevante, como alerxias, intolerancias ou necesidades específicas de aprendizaxe. Esta información permitiranos garantir a seguridade o benestar de todas as persoas participantes.

Datas: 14 - 18 de xullo de 2025
Horario: 10:00 – 13:30 h (entrada desde as 9:30 h)
Idades: 7 a 12 años (nados entre 2013 e 2017)
Prazas: 20 participantes
Prezo: 65€ (merenda incluída)
A entrada será entre as 9:30 e as 10:00 h e o obradoiro comezará ás 10:00 h.