MOP
Future-Stories-slide01.jpg

13/06/2024, 00:00 - 31/07/2024, 23:59

Evento pasado

Future Stories

Future Stories: Vol.01

MOP Foundation

Exposición colectiva dos fotógrafos galegos novos Umesh Graña, Alba Jiménez e Sofía Taboada. Durante case catro meses, estes estudantes acabados de titular en Fotografía pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela puideron aproveitarse en Milán dun intenso programa académico centrado na fotografía de moda financiado pola Fundación MOP e deseñado pola prestixiosa Fondazione Sozzani.

Future Stories

TALENTOS EMERXENTES

Umesh Graña, Alba Jiménez e Sofía Taboada

Future Stories Books

Entre outras actividades, o programa comprendía clases maxistrais e obradoiros a cargo de personalidades salientábeis do sector, e visitas a exposicións e institucións culturais en Milán e outras capitais europeas da moda como París. Neste contexto desenvolveron un proxecto artístico de seu coa axuda dos seus titores.

Os traballos realizados durante a residencia foron expostos nunha mostra colectiva que tivo lugar no Silo entre o 13 de xuño e o 31 de xullo de 2024.

image
image
image
image