MOP
m-d-h-02.png

16/06/2025, 19:00

Evento pasado

The MOP Bookstore

Firma

Presentación do libro “Por si un día volvemos”

María Dueñas presentou a súa última novela, Por si algún día volvemos, na libraría da Fundación MOP. Neste encontro, a escritora conversou co xornalista e escritor Xesús Fraga.

image

María Dueñas

María Dueñas (Puertollano, Cidade Real, 1964) é doutora en Filoloxía Inglesa. Tras dúas décadas adicada á vida académica, irrompe no mundo da literatura en 2009 con El tiempo entre costuras, a novela que se converteu nun fenómeno editorial e cuxa adaptación televisiva da man de Antena 3 acadou numerosos galardóns e un espectacular éxito de audiencia. As súas obras posteriores, Misión Olvido (2012), La Templanza (2015), Las hijas del Capitán (2018) e Sira (2021), continuaron cativando por igual a lectores e crítica. Traducida a máis de trinta e cinco linguas e con millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, María Dueñas converteuse nunha das autoras máis estimadas tanto no noso país como en América Latina.

Por si algún día volvemos é a súa sexta novela.

image
image