22/05/2025, 19:00
Evento pasado
The MOP Bookstore
Asinamento libros
Presentación do libro La dulce existencia
Milena Busquets regresa á Fundación MOP para presentar o seu novo libro, La dulce existencia, xunto á xornalista Andrea Aguilar.
En 2015, Milena Busquets publicou También esto pasará, unha novela que destilaba a dor pola perda da súa nai e a reafirmación da vida cunha mestura inconfundíbel de levidade e lucidez. Dez anos despois, durante a rodaxe da súa adaptación cinematográfica, a autora retorna ao mundo que describira e reinventara. E ese retorno é, a un tempo, unha vertixe e un devezo. «Quero ficar aquí —confesa—. E que todo comece de novo.»

Milena Busquets
Milena Busquets (Barcelona, 1972) é escritora, xornalista e editora. Estudou no Liceo Francés de Barcelona e licenciouse en Arqueoloxía no University College London. Deuse a coñecer internacionalmente coa novela También esto pasará, publicada por Anagrama e traducida a máis de trinta idiomas. La dulce existencia é o seu libro máis recente.
... creo que se che queren, quérenche co malo e, ás veces, mesmo polo malo. Que che queiran polo bo é moi doado ...
Isto aconteceu.
Eu imaxineino ou quizais vin, porque necesitaba ver a alguén que me rescatase de todo aquilo, unha persoa que me parecía atractiva, pero despois inventei todo o demais e fíxeno dun xeito tan parvo.
Inventeino co perfil dun cantante que me gustaba nese momento…