29/06/2026, 10:00 - 06/07/2026, 13:30
Proximamente
The MOP Center
Dous turnos: 7–9 anos e 10–12 anos
SUMMER PHOTO LAB 26
O Centro MOP celebra o seu segundo campamento de verán, o Summer Photo Lab, un curso de creación que combina un enfoque lúdico e creativo cun acompañamento personalizado para que os rapaces e rapazas descubran o legado único de Paolo Roversi coa súa exposición Doubts. A Fundación MOP achega esta proposta de verán pensada para que nenas e nenos descubran a fotografía a través da experimentación, o xogo e a creatividade.
Xunto ao equipo educativo da Fundación, explorarán técnicas fotográficas e artísticas como a creación fotográfica en stop motion, inspiradas na estética da fotografía en movemento típica de Paolo Roversi, nunha contorna estimulante, artística e divertida.
Datas, edades e custo
Primeiro campamento:
Datas: do 29 de xuño ao 3 de xullo
Edades (7 a 9 años, menores nados entre: 30/06/2016 y el 29/06/2019 ambos inclusive).
Segundo campamento:
Datas: do 6 ao 10 de xullo
Edades: (10 a 12 anos, menores nados entre: 07/07/2013 e 06/07/2016 ambos inclusive).
Horario
De 10:00 a 13:30 horas (posibilidade de entrada desde as 09:30 horas).
Custo
75€ (merenda incluida)
Prazas
20 participantes
Condicións
Recepción e recollida dos participantes
Os nenos e nenas chegarán acompañados dunha persoa adulta responsábel indicada previamente no formulario de inscrición, que tamén se fará cargo da súa recollida ao finalizar a xornada. No caso de existiren outras persoas autorizadas para tal fin, é preciso incluír os seus nomes no apartado correspondente do formulario.
Lugar dos obradoiros
Todas as actividades do Photo Summer Lab se desenvolverán no espazo educativo da Centro MOP. Non están previstas saídas fóra desta contorna, polo que non se requiren autorizacións adicionais.
Custo e condicións
A inscrición ten un custo de 75 €, que inclúe a participación en todas as actividades programadas cos materiais necesarios, así como a merenda. Este importe cobre a reserva dunha praza, polo que non se realizarán devolucións nin modificacións unha vez formalizada a inscrición.
Autorización de imaxes
Xa que o obradoiro é de carácter fotográfico, o formulario de inscrición contempla un apartado específico para a autorización do uso de imaxes tomadas durante o Photo Summer Lab. É necesario revisar con atención as condicións antes do inicio da sesión.
Condicións médicas, necesidades específicas de aprendizaxe e outros datos de interese
Co fin de ofrecer unha experiencia coidada e adaptada a cada participante, o formulario inclúe un espazo para compartir información relevante, como alerxias, intolerancias ou necesidades específicas de aprendizaxe. Esta información permitiranos garantir a seguridade o benestar de todas as persoas participantes.