UNHA CONVERSA CON ALICE RAWSTHORN
Nunha conversa con Alice Rawsthorn, David Chipperfield reflexiona sobre a evolución da práctica arquitectónica contemporánea e a súa crecente responsabilidade fronte aos desafíos urbanos e sociais. A charla céntrase en temas como a integración da arquitectura moderna en contextos históricos, a planificación urbana sustentábel e o compromiso coas comunidades.

David Chipperfield
Gañador do Premio Pritzker e creador dunha metodoloxía de deseño que se aplica nas súas oficinas en Londres, Berlín, Milán, Shanghai e Santiago de Compostela, David Chipperfield é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos. En 2017 creou a Fundación RIA, unha entidade sen ánimo de lucro para impulsar en Galicia proxectos arquitectónicos e urbanísticos en sintonía coa sostibilidade ambiental, económica e social do territorio.