MOP
nick-knight-002.png

22/07/2024, 19:30

Evento pasado

The MOP Talks

The MOP Talks. Nick Knight

UNHA CONVERSA CON TIM BLANKS

Conversa íntima entre Nick Knight e Tim Blanks na que examinan a evolución da fotografía de moda e algúns dos momentos culturais clave protagonizados por este medio, e reflexionan sobre como a moda non só reflicte o espírito dunha época, senón que proxecta tamén aspiracións colectivas.

image

Nick Knight

Nick Knight é un dos fotógrafos de moda e artistas visuais máis influentes e visionarios do mundo. Fundador e director de SHOWstudio.com, Knight é coñecido polas súas colaboracións con deseñadores como Yohji Yamamoto, John Galliano e Alexander McQueen; polas súas campañas publicitarias para clientes como Burberry, Chanel, Fendi, Christian Dior, Lancôme, Swarovski, Tom Ford, Calvin Klein e Yves Saint Laurent; e polos seus vídeos musicais para Björk, Lady Gaga e Kanye West.