UNHA CONVERSA ENTRE RODRIGO CORTÉS E RODRIGO FRESÁN
O director de cinema e escritor Rodrigo Cortés foi o protagonista da última MOP Talk da tempada de verán 2025.
Cortés conversou co tamén escritor Rodrigo Fresán sobre temas como a súa particular visión da creación artística, os seus procesos creativos e a interrelación entre as diversas facetas da súa polifacética traxectoria. O encontro rematou cunha sinatura de libros de ambos autores.
RODRIGO CORTÉS
Rodrigo Cortés quixo ser pintor, escritor e músico; hoxe fai todo á vez dedicándose ao cine. Traballou con actores do nivel de Robert de Niro, Sigourney Weaver, Cillian Murphy, Ryan Reynolds ou Uma Thurman. Como escritor, publicou a finais de 2013 A las 3 son las 2, colección de antiaforismos, deliros e bombas de man, e, un ano despois, Sí importa el modo en que un hombre se hunde, a súa primeira novela. En 2016 aparece o seu novo libro de breverías, Dormir es de patos, e en 2021 publica Los años extraordinarios, a súa segunda novela. Asina para o diario ABC a sección Verbolario, dicionario satírico que inspirou o seu quinto libro, do mesmo título, e escribe habitualmente na súa terceira páxina. En 2024 publica Cuentos telúricos, a súa primeira antoloxía de relatos e o seu sexto libro. Fala de cinema, literatura e música en Aquí hay dragones e Todopoderosos, os dous podcasts máis escoitados do momento.
RODRIGO FRESÁN
Rodrigo Fresán naceu en Bos Aires en 1963 e vive en Barcelona dende 1999. É autor dos libros Historia argentina, Vidas de santos, Trabajos manuales, Esperanto, La velocidad de las cosas, Mantra, Jardines de Kensington, El fondo del cielo, do tríptico La Parte Contada (composto por La parte inventada, La parte soñada e La parte recordada), Melvill, El estilo de los elementos e El Pequeño Gatsby. O xurado do Best Translated Book Award dos Estados Unidos eloxiou La parte inventada coa seguinte mención: «Fresán é un mestre». En 2017, Fresán recibiu en Francia o Prix Roger Caillois ao conxunto da súa obra por ser un «escritor atípico, transgresor e ineludible».

