MOP
20250914 MOP DB 165.jpg

28/06/2025 - 14/09/2025

Evento pasado

Exposicións

David Bailey's changing fashion

A exposición David Bailey’s Changing Fashion protagonizou a tempada de verán de 2025 da Fundación MOP.

Comisariada por Tim Marlow, director do Design Museum de Londres, e Camera Eye, o local do fotógrafo, David Bailey’s Changing Fashion mergullou aos visitantes no glamour e na enerxía das décadas de 1960 e 1970 a través da súa ollada. A exposición contou con máis de 140 fotografías destas décadas transcendentais, algunhas delas inéditas.

David Bailey é un dos fotógrafos de moda e retrato máis destacados do mundo. Ningún outro fixo máis ca el para definir a revolución creativa e cultural que deu pulo á vibrante escena londiniense dos anos 60. Non só capturou ás estrelas da época coa súa cámara, senón que el mesmo foi una delas.

David Bailey

David Bailey

Bailey asaltou o mundo da moda cambiando o ambiente artificioso do estudio pola crúa realidade das rúas. A colaboración coa que foi a súa primeira gran musa, Jean Shrimpton, sentou as bases para o ton revolucionario daquela década. Bailey tamén foi un mestre do retrato musical. Apaixonado trompetista na súa mocidade, sempre posuíu unha comprensión instintiva das motivacións que impulsaban os músicos. As súas primeiras fotografías dos Beatles e dos Rolling Stones capturan con precisión as diferenzas entre ambas as bandas. Como afirmou Martin Harrison: «Os Stones, ceibos e desenfadados; os Beatles, abotoados e contidos». Estas primeiras fotografías coas dúas bandas cimentaron o camiño para a invasión británica de Nova York.

Alén de ser o fotógrafo máis salientábel de Vogue, Bailey chegou a ser toda unha celebridade por dereito propio. A súa aplaudida Box of pin-ups (1965), peza central nesta exposición, constitúe un ensaio sobre a natureza transitoria da fama. Para ela, Bailey fotografou os seus trinta e seis modelos con encadramentos moi axustados á cabeza e os ombreiros, sobre fondos brancos intensamente iluminados. A Box of pin-ups é a grande achega de Bailey á fotografía dos anos sesenta.

Ao remataren os sesenta, Bailey levaba xa unha década como fotógrafo principal de Vogue. E a súa reticencia a quedar acoutado nun único estilo ou formato resultou ser a súa gran fortaleza. Os seus retratos dos setenta revían liberdade e informalidade. Marie Helvin actuou como catalizadora na fotografía de Bailey, o que supuxo unha transformación crucial. «Marie cambiou o meu xeito de facer fotos... Comecei a experimentar cos nus, co corpo».

image

image
image
image
image
image

image
image
image