MOP
HelmutNewton_Cover.jpg

18/11/2023 - 01/05/2024

Evento pasado

Exposicións

Helmut Newton - Fact & Fiction

Helmut Newton – Fact & Fiction foi a grande exposición que a Fundación MOP dedicou á vida e a obra deste lendario fotógrafo xermano-australiano.

Ao longo das súas dez décadas de carreira, Helmut Newton chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo. Creador fecundo de imaxes e verdadeiro visionario, hoxe en día Newton segue exercendo unha grande influencia na fotografía moderna e nas artes visuais.

Helmut Newton – Fact & Fiction foi un proxecto impulsado en colaboración estreita coa Fundación Helmut Newton e comisariado por Philippe Garner, Matthias Harder e Tim Jefferies, que concibiron unha proposta á medida para o espazo da Fundación MOP no porto da Coruña. A escolma de fotografías que conformaba a exposición supuxo unha boa mostra da linguaxe visual característica de Newton, atrevida, empoderadora e sen complexos, e nela inclúense os seus icónicos «grandes nus» e os inesquecíbeis retratos de personaxes excepcionais como David Bowie, Charlotte Rampling ou Elsa Peretti.

Helmut Newton

Helmut Newton

Considerado como un dos máis importantes fotógrafos do mundo e un verdadeiro visionario, Helmut Newton (Berlín, 1920 - Los Ángeles, 2004) segue a exercer hoxe en día unha grande influencia na fotografía moderna e nas artes visuais.

image
image
image
image
image
image