MOP
irving_cover_20.png

23/11/2024 - 01/05/2025

Evento pasado

Exposicións

Irving Penn: Centennial

Organizada por The Metropolitan Museum of Art de Nova York en colaboración coa Fundación Irving Penn e comisariada por Jeff L. Rosenheim, esta retrospectiva foi a máis completa deste mestre da fotografía mostrada en España até o momento.

Irving Penn: Centennial creouse en 2017 para conmemorar o centenario do nacemento do artista e con ela celebrábase a súa incomparábel carreira en toda a súa extensión, desde os seus inicios a finais da década de 1930 até os primeiros anos do século XXI. Con máis de 160 fotografías e outras pezas únicas, como o pano de teatro que Penn empregaba no seu estudio, a exposición abrangue todas as facetas da súa prolífica obra: fotografías de moda, refinados nus ou composicións florais, os bodegóns polos que sentiu predilección durante toda a súa vida, moitos dos retratos de persoeiros que lle deron fama, ou as súas series fotográficas de xente normal tomadas en distintos lugares do mundo.

Irving Penn

Irving Penn

Irving Penn (Nova Jersey, 1917 - Nova York, 2007) foi un dos fotógrafos máis relevantes do século XX. Recoñecido pola súa minuciosidade, o seu estilo minimalista, o seu dominio da impresión e os seus audaces experimentos artísticos, foi colaborador habitual da revista Vogue por máis de sete décadas, nas que revolucionou a fotografía de moda cos seus retratos de modelos sobre fondos neutros co obxectivo de resaltar os tecidos, os acenos e a expresión.

image

image
image
image

image
image