MOP
peter-lindbergh_h.png

04/12/2021 - 01/03/2022

Evento pasado

Exposicións

Peter Lindbergh: Untold Stories

A exposición Peter Lindbergh: Untold Stories, comisariada polo mesmo Peter Lindbergh pouco antes da súa prematura morte en 2019, percorría as catro décadas da súa extensa carreira.

Lindbergh, que dedicou dous anos para realizar esta escolma de imaxes, é un artista que deixou unha pegada imborrábel tanto na moda como na fotografía. Con máis de 160 imaxes tomadas entre os primeiros anos da década de 1980 e 2019, a exposición achegábase á obra deste célebre fotógrafo desde novas e insólitas perspectivas.

Peter Lindbergh

Peter Lindbergh

Peter Lindbergh (Leszno, 1944 - París, 2019) foi un dos primeiros fotógrafos en incorporar narrativas nos seus editoriais de moda. A súa forma de contar historias a través da fotografía, o seu peculiar realismo e honestidade á hora de traballar supuxeron unha transformación no eido da fotografía de moda. Untold Stories, exposición comisariada por el mesmo pouco antes de falecer, é o seu derradeiro manifesto e xesto creativo.

image
image
image
image
image
image