19/11/2022 - 01/05/2023
Evento pasado
Exposicións
Steven Meisel 1993 A Year in Photographs
Steven Meisel 1993, A Year in Photographs daba conta do traballo deste mestre da fotografía durante o 1993, un ano decisivo na súa carreira que destaca grazas á súa estreita colaboración con Vogue e no que acabou por firmar 28 cubertas e máis de 100 editoriais para a revista.
Steven Meisel considérase un dos fotógrafos de moda máis relevantes e prolíficos da súa xeración e o impulsor da carreira de varias modelos célebres na década de 1990. A mostra incluía retratos de personalidades do mundo da moda e o cinema, como Linda Evangelista, Carla Bruni, Naomi Campbell, Hamish Bowles, Kyle MacLachlan, Claudia Schiffer, Jaye Davidson, Barbra Streisand, Marlon Richards, Isabella Blow, Amanda Harlech ou Twiggy.

Steven Meisel
Steven Meisel (Nova York, 1954) é considerado por moitos o fotógrafo máis salientábel da súa xeración. A súa obra caracterízase pola súa amplitude imaxinativa, a súa diversidade e un aparentemente sinxelo mais finísimo estilo que acabou por transcender o mundo da moda. Meisel é o artífice dalgunhas das máis aclamadas campañas de publicidade da historia da moda, entre as que se inclúen as inesquecíbeis imaxes realizadas para Prada, Versace, Dolce & Gabbana, Valentino, Calvin Klein, Yves Saint Laurent e Zara.




