Visitas regulares
- O prezo de cada entrada é de 5 €.
- A visita guiada dura aproximadamente 1 hora.
- Entrada gratuíta para menores de 16 anos (acompañados dun adulto).
- Máximo 10 entradas por transacción.
- Máximo 25 persoas por grupo.
- As entradas non son reembolsables nin cambiables.
- As visitas guiadas serán en castelán e en galego. Consulta a programación.
Visita Privada
Ofrecemos un servizo de visitas guiadas personalizadas para empresas, institucións e grupos especiais.
As visitas privadas duran aproximadamente unha hora e podes escoller o día, a hora e mesmo o idioma, suxeitos a dispoñibilidade e dentro do horario xeral de apertura do Centro MOP.
Para organizar unha visita privada, completa o formulario.
Outros Colectivos
Para estudantes, asociacións e grupos sen ánimo de lucro, o Centro MOP ofrece visitas guiadas gratuítas ou con prezo reducido.
Este formulario está destinado exclusivamente ás solicitudes de visitas destes grupos. No caso de centros educativos, a proposta pode canalizarse a través do programa de visitas educativas, se está dispoñible, e será avaliada.