A FUNDACIÓN MARTA ORTEGA PÉREZ (FUNDACIÓN MOP) FOI CONSTITUÍDA EN ABRIL DE 2022.
A SÚA ACTIVIDADE, QUE XIRA ARREDOR DA CELEBRACIÓN DE EXPOSICIÓNS DE PRIMEIRO NIVEL, ESTÁ ESTRUTURADA SOBRE TRES PIARES: A CORUÑA, A FOTOGRAFÍA E A MODA.
O ESCENARIO DESTAS EXPOSICIÓNS É UN ESPAZO INDUSTRIAL NA ZONA PORTUARIA DA CORUÑA (PEIRAO DA BATERÍA) TRANSFORMADO POLA ARQUITECTA ELSA URQUIJO. ESTAS SON AS INSTALACIÓNS NAS QUE, EN 2021, SE CELEBROU A MOSTRA "PETER LINDBERGH: UNTOLD STORIES", QUE ATRAEU A MÁIS DE 110 000 VISITANTES E QUE IMPULSOU A CREACIÓN DA FUNDACIÓN MOP.
ENTRE NOVEMBRO DE 2022 E MAIO DE 2023, O PEIRAO DA BATERÍA ACOLLEU O NOVO PROXECTO DA FUNDACIÓN MOP: "STEVEN MEISEL 1993 A YEAR IN PHOTOGRAPHS", A MOSTRA QUE RECOLLÍA O TRABALLO DESTE MESTRE DA FOTOGRAFÍA DURANTE 1993, UN ANO DECISIVO NA SÚA CARREIRA, QUE DESPUNTA POLA SÚA ESTREITA COLABORACIÓN CON VOGUE E NO QUE CHEGOU A ASINAR 28 PORTADAS E MÁIS DE 100 EDITORIAIS PARA A REVISTA.
O PASADO OUTONO, CELEBROUSE UNHA GRANDE EXPOSICIÓN DE HELMUT NEWTON, QUE SE CONVERTEU NO MÁIS SALIENTADO DO CALENDARIO ARTÍSTICO.
HELMUT NEWTON - FACT & FICTION, LEVOUSE A CABO DESDE O 18 DE NOVEMBRO DE 2023 ATA O 1 DE MAIO DE 2024 PARA CELEBRAR A VIDA E OBRA DO LENDARIO FOTÓGRAFO XERMANO-AUSTRALIANO. HELMUT NEWTON. FACT & FICTION CREOUSE EN ESTREITA COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN HELMUT NEWTON E FOI COMISIONADA POR PHILIPPE GARNER, MATTHIAS HARDER, E TIM JEFFERIES.
A FUNDACIÓN MOP TAMÉN CONTA CUN PROGRAMA EDUCATIVO, DESTINADO A DAR A COÑECER ESTES GRANDES FOTÓGRAFOS NAS AULAS GALEGAS, PROMOVENDO ASÍ O ALCANCE DA EXPOSICIÓN A NIVEL LOCAL, E CO PROXECTO HISTORIAS FUTURAS, DESTINADO A APOIAR OS CREADORES NAS SÚAS CARREIRAS ARTÍSTICAS.
Dª. MARTA ORTEGA PÉREZ É A FUNDADORA E PRESIDENTA DA FUNDACIÓN MOP. ESTA INSTITUCIÓN, CONSTITUÍDA EN ABRIL DE 2022, CANALIZA O SEU INTERESE PERSONAL POLO FOMENTO E A DIFUSIÓN DA CULTURA E A ARTE, CON ESPECIAL ATENCIÓN Á FOTOGRAFÍA.
MARTA ORTEGA PÉREZ É PRESIDENTA NON EXECUTIVA DO GRUPO INDITEX. DESENVOLVEU TODA A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL NESTE GRUPO EMPRESARIAL, AO QUE SE UNIU EN 2007 TRAS GRADUARSE EN INTERNATIONAL BUSINESS POLA REGENT’S UNIVERSITY LONDON.
NOS SEUS PRIMEIROS ANOS NA COMPAÑÍA DESEMPEÑOU TAREFAS PROFESIONAIS EN DIFERENTES DESTINOS INTERNACIONAIS E LIÑAS DE NEGOCIO, INCORPORÁNDOSE POSTERIORMENTE Á ÁREA DE DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE PRODUTO DE ZARA WOMAN. NOS ÚLTIMOS ANOS, FORMOU PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO DE ZARA, CON ESPECIAL RESPONSABILIDADE NA DEFINICIÓN DA ESTRATEXIA DE MARCA E PRODUTO.
É TAMÉN MEMBRO DOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DE PONTEGADEA INVERSIONES E PARTLER PARTICIPACIONES, ACCIONISTAS SIGNIFICATIVOS DE INDITEX.
FILLA DE AMANCIO ORTEGA GAONA, FUNDADOR E ACCIONISTA MAIORITARIO DE INDITEX, E DE FLORA PÉREZ MARCOTE, VOGAL NESTE PADROADO, É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA DESDE 2015.
D. CARLOS TORRETTA ECHEVARRÍA É VICEPRESIDENTE DA FUNDACIÓN MOP.
CARLOS TORRETTA É GRADUADO EN BELAS ARTES E RELACIÓNS PÚBLICAS POLA UNIVERSIDADE PACE DE NOVA YORK E ESTIVO VENCELLADO AO MUNDO DA MODA DURANTE TODA A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL. EN 2019 INCORPOROUSE AO GRUPO INDITEX, ONDE DESENVOLVEU TAREFAS ASOCIADAS AO E-COMMERCE E Á IMAXE E ESTRATEXIA DE MARCA DE ZARA. ACTUALMENTE É O RESPONSABLE DA ÁREA DE COMUNICACIÓN DE ESTA CADEA.
NOS ANOS PREVIOS Á SÚA INCORPORACIÓN A INDITEX FORMOU PARTE DO EQUIPO DA AXENCIA DE REPRESENTACIÓN DE MODELOS THE SOCIETY MANAGEMENT NOS ESTADOS UNIDOS E, ENTRE 2017 E 2019, DIRIXIU A DIVISIÓN ESPAÑOLA DESTA AXENCIA.
Dª. FLORA PÉREZ MARCOTE É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN MOP DESDE A SÚA CREACIÓN EN ABRIL DE 2022.
DONA FLORA PÉREZ MARCOTE É VICEPRESIDENTA PRIMEIRA DO GRUPO PONTEGADEA E MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE INDITEX DESDE 2005 COMO REPRESENTANTE DE PONTEGADEA INVERSIONES, S.L.
DESENVOLVEU UNHA LONGA TRAXECTORIA PROFESIONAL SEMPRE NO SEO DO GRUPO INDITEX, CON RESPONSABILIDADE EN ÁREAS RELACIONADAS CO DESEÑO E A COMPRA DE PRODUTO E CONTA CON EXPERIENCIA COMO ADMINISTRADORA DE SOCIEDADES DESDE O ANO 1992. ADEMAIS, É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA DESDE MARZO DE 2003 E A SÚA PRESIDENTA DESDE AGOSTO DE 2023.
CONSULTORA DE COMUNICACIÓN E ESTRATEXIA
RETRATISTA E ASESOR CREATIVO
COMISARIO DE ARTE, CRÍTICO E HISTORIADOR DE ARTE
PRODUTORA DE ARTE
ESTILISTA E ASESOR CREATIVO
COFUNDADOR DE PHOTO LONDON E CANDLESTAR
DIRECTORA DA GALERÍA GAGOSIAN (PARÍS E LE BOURGET)