MOP
image
image
image

Wonderland, a primeira gran exposición da fotografía de moda de Annie Leibovitz, presenta o seu abraiante universo fotográfico en toda a súa amplitude, mergullándonos na obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes se presentaran conxuntamente nunha única mostra.

Partindo dunha instalación inmersiva do traballo da artista cos Rolling Stones, a exposición avanza a través doutras dúas seccións —Early Years e Stream of Consciousness—, que amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos, plasmando o seu proceso de creación e a súa voz narrativa.

A última parte da exposición, Wonderland, que tamén lle dá o título ao conxunto da mostra, reúne 100 impresións (moitas delas nunca antes expostas) e instalacións de vídeo do seu impresionante traballo no mundo da moda e o estilo.

Wonderland pode visitarse ata o vindeiro 1 de maio de 2026 no espazo da Fundación MOP en A Coruña.

image

Annie Leibovitz no país das marabillas

60,00 €

Este libro, publicado coincidindo coa inauguración da exposición de Annie Leibovitz na Fundación MOP, é unha homenaxe á artista a través dos ollos daqueles que mellor a coñecen.

A través de máis de vinte entrevistas ilustradas con figuras como Bruce Springsteen, Patti Smith, Rosanne Cash, Tina Brown, Anna Wintour, Penélope Cruz, Angelina Jolie, Sarah Burton, Tom Ford, Gloria Steinem, Mary Howard, Natalia Vodianova ou Karen Elson, a publicación debuxa un retrato tremendamente íntimo e próximo da prestixiosa fotógrafa.

Tipo de encadernación: encadernación suíza (Swiss binding).

MERCHANDISING

Coñece todos os elementos da exposición e o libro editado especialmente, Annie Leibovitz in Wonderland.

Subscríbete ao boletín

e mantente informado das nosas iniciativas e eventos culturais futuros.