PADROADO

PRESIDENTA
PRESIDENTA

PRESIDENTA

Dª. MARTA ORTEGA PÉREZ É A FUNDADORA E PRESIDENTA DA FUNDACIÓN MOP. ESTA INSTITUCIÓN, CONSTITUÍDA EN ABRIL DE 2022, CANALIZA O SEU INTERESE PERSONAL POLO FOMENTO E A DIFUSIÓN DA CULTURA E A ARTE, CON ESPECIAL ATENCIÓN Á FOTOGRAFÍA.

MARTA ORTEGA PÉREZ É PRESIDENTA NON EXECUTIVA DO GRUPO INDITEX. DESENVOLVEU TODA A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL NESTE GRUPO EMPRESARIAL, AO QUE SE UNIU EN 2007 TRAS GRADUARSE EN INTERNATIONAL BUSINESS POLA REGENT’S UNIVERSITY LONDON.

NOS SEUS PRIMEIROS ANOS NA COMPAÑÍA DESEMPEÑOU TAREFAS PROFESIONAIS EN DIFERENTES DESTINOS INTERNACIONAIS E LIÑAS DE NEGOCIO, INCORPORÁNDOSE POSTERIORMENTE Á ÁREA DE DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE PRODUTO DE ZARA WOMAN. NOS ÚLTIMOS ANOS, FORMOU PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO DE ZARA, CON ESPECIAL RESPONSABILIDADE NA DEFINICIÓN DA ESTRATEXIA DE MARCA E PRODUTO.
É TAMÉN MEMBRO DOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DE PONTEGADEA INVERSIONES E PARTLER PARTICIPACIONES, ACCIONISTAS SIGNIFICATIVOS DE INDITEX.

FILLA DE AMANCIO ORTEGA GAONA, FUNDADOR E ACCIONISTA MAIORITARIO DE INDITEX, E DE FLORA PÉREZ MARCOTE, VOGAL NESTE PADROADO, É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA DESDE 2015.

CARLOS TORRETA ECHEVARRÍA
VICEPRESIDENTE

CARLOS TORRETA ECHEVARRÍA

D. CARLOS TORRETTA ECHEVARRÍA É VICEPRESIDENTE DA FUNDACIÓN MOP.
CARLOS TORRETTA É GRADUADO EN BELAS ARTES E RELACIÓNS PÚBLICAS POLA UNIVERSIDADE PACE DE NOVA YORK E ESTIVO VENCELLADO AO MUNDO DA MODA DURANTE TODA A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL. EN 2019 INCORPOROUSE AO GRUPO INDITEX, ONDE DESENVOLVEU TAREFAS ASOCIADAS AO E-COMMERCE E Á IMAXE E ESTRATEXIA DE MARCA DE ZARA. ACTUALMENTE É O RESPONSABLE DA ÁREA DE COMUNICACIÓN DE ESTA CADEA.

NOS ANOS PREVIOS Á SÚA INCORPORACIÓN A INDITEX FORMOU PARTE DO EQUIPO DA AXENCIA DE REPRESENTACIÓN DE MODELOS THE SOCIETY MANAGEMENT NOS ESTADOS UNIDOS E, ENTRE 2017 E 2019, DIRIXIU A DIVISIÓN ESPAÑOLA DESTA AXENCIA.

FLORA PÉREZ MARCOTE
VOGAL

FLORA PÉREZ MARCOTE

Dª. FLORA PÉREZ MARCOTE É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN MOP DESDE A SÚA CREACIÓN EN ABRIL DE 2022.

DONA FLORA PÉREZ MARCOTE É VICEPRESIDENTA PRIMEIRA DO GRUPO PONTEGADEA E MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE INDITEX DESDE 2005 COMO REPRESENTANTE DE PONTEGADEA INVERSIONES, S.L.

DESENVOLVEU UNHA LONGA TRAXECTORIA PROFESIONAL SEMPRE NO SEO DO GRUPO INDITEX, CON RESPONSABILIDADE EN ÁREAS RELACIONADAS CO DESEÑO E A COMPRA DE PRODUTO E CONTA CON EXPERIENCIA COMO ADMINISTRADORA DE SOCIEDADES DESDE O ANO 1992. ADEMAIS, É MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA DESDE MARZO DE 2003 E A SÚA PRESIDENTA DESDE AGOSTO DE 2023.

JAIME CARRO MERCHÁN
SECRETARIO DO CONSELLO

JAIME CARRO MERCHÁN

ASESOR ESPECIAL DO PADROADO

ANITA TEMPLER

CONSULTORA DE COMUNICACIÓN E ESTRATEXIA

CONSELLO ASESOR

GONZALO MACHADO

RETRATISTA E ASESOR CREATIVO

CONSELLO ASESOR

HANS ULRICH OBRIST

COMISARIO DE ARTE, CRÍTICO E HISTORIADOR DE ARTE

CONSELLO ASESOR

ISABELA MORA

PRODUTORA DE ARTE

CONSELLO ASESOR

KARL TEMPLER

ESTILISTA E ASESOR CREATIVO

CONSELLO ASESOR

MICHAEL BENSON

COFUNDADOR DE PHOTO LONDON E CANDLESTAR

CONSELLO ASESOR

SERENA CATTANEO

DIRECTORA DA GALERÍA GAGOSIAN (PARÍS E LE BOURGET)