Peter Lindbergh Untold stories

Peter Lindbergh Untold stories

Peter Lindbergh Untold stories

información

Untold Stories

OCORRE EN MOI CONTADAS OCASIÓNS QUE UNHA GRAN OBRA QUEDE ECLIPSADA POLO SEU CREADOR. PETER LINDBERGH LOGROUNO CON TAL DOSE DE ENCANTO, ELEGANCIA E DESENVOLTURA QUE PARECÍA ALGO PERFECTAMENTE NATURAL.

PETER ERA QUEN DE SACAR O MELLOR DE TODOS OS QUE O RODEABAN, FACENDO QUE CADA QUEN SE SENTISE ESPECIAL AO SEU XEITO: ESE ERA O SEU DON PARTICULAR.
VÍA ALÉN DE ADORNOS E ORNAMENTOS. NON
LLE IMPORTABAN AS IMPERFECCIÓNS SUPERFICIAIS; DIRIXÍA A SÚA OLLADA AO MÁIS FONDO DAS PERSOAS.

HAI ALGO QUE FAI ÚNICA A FOTOGRAFÍA RESPECTO DO RESTO DE FORMAS DE ARTE E É A SÚA CAPACIDADE DE CAPTURAR A INTERACCIÓN ENTRE AS PERSOAS NUN INSTANTE NO TEMPO. NO É QUE A IMAXE AMOSE, NECESARIAMENTE, A ENTEIRA PERSONALIDADE DO SUXEITO, PERO SI A PERSPECTIVA PROPIA DO FOTÓGRAFO NO PRECISO MOMENTO DE TOMALA. A XENIALIDADE RESIDE NA ELECCIÓN DESE MOMENTO
E PETER ERA UN MESTRE PRECISAMENTE NISO.

no SeU CASO, CADA UNhA DAS FOTOGRAFÍAS QUE tirou é UN REFLExO Das SúaS IDEAS, Do SeU COMPROMISO; ENCARNAN A FORTALEZA e A FRAxILIDAD, OS SoÑOS MÁiS INALCANZABLES e A MÁiS DESCARNADA DAS REALIDADES, BELEZA e REALISMO A UN TEMPO, PERO POR riba de todo ESTÁN CARGADAS DE SENTIMENTO, BEBEN Do OFICIO e A PAixÓN DUN ARTISTA EN TODA a Súa PLENITUDe.
PETER ERA A PERSONIFICACIÓN PERFECTA DA BONDADe HUMANA.


DABA SEMPRE O MELLOR DE SI MESMO. TRABALLAR CON ENERXÍA, ENTREGA E ENTUSIASMO ERA PARA EL A ÚNICA FORMA DE TRABALLAR QUE EXISTÍA. ANDABA SEMPRE TOTALMENTE INMERSO NO QUE TIVESE ENTRE MANS, ATA O PUNTO DE EXCLUÍR CASE TODO O DEMAIS.
NON IMPORTABA A CALOR ABRASADORA DE ARLÉS AQUEL VERÁN NO QUE O COÑECÍN. NON IMPORTABA TER QUE MANOBRAR ENTRE FAMILIARES E FAMILIARES NA CORUÑA, SACANDO INCONTABLES RETRATOS; UN DETRÁS DOUTRO, CON PAUSA, DETEMENTO.
TODAS E CADA UNHA DESAS FOTOGRAFÍAS ESTABAN FEITAS CON DEDICACIÓN E ENTUSIASMO.

NON IMPORTABA QUE PASÁSEMOS VISTO E NON VISTO POR PARÍS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN DE GIACOMETTI. PETER SEMPRE FACÍA POR SACAR TEMPO DALGUNHA PARTE. PARA EL, CALQUERA MOMENTO ERA UN MOMENTO MÁXICO.


SEN DÚBIDA, O MÁIS EXTRAORDINARIO DE PETER ERA QUE LOGRABA, SISTEMATICAMENTE, FACER AGROMAR A MELLOR VERSIÓN DE QUEN SE COLOCASE FRONTE AO SEU OBXECTIVO. INVESTÍA CADA UN DOS SEUS SUXEITOS DUNHA AURA ETERNA. VÍA O QUE NINGUÉN MÁIS ERA QUEN DE VER, CREABA UN RELATO XENUINAMENTE PROPIO. E, CON ISO, CONSEGUÍA CAUTIVAR A EXPERTOS E AFECIONADOS POR IGUAL. ERA A UN TEMPO UN FOTÓGRAFO DE FOTÓGRAFOS E UN HEROE PARA OS AMANTES DA FOTOGRAFÍA DE TODO O MUNDO.

FOTOGRAFÍAS HAI MOITAS, MOITÍSIMAS, PERO SON MOI POUCAS AS QUE RESISTEN O PASO DO TIEMPO E AS QUE PASAN A SER RECOÑECIBLES DE INMEDIATO COMO A OBRA DO ARTISTA QUE AS CREOU.

PÓDENSE CONTAR COS DEDOS DUNHA MAN: HENRI CARTIER-BRESSON, HELMUT NEWTON, RICHARD AVEDON OU IRVING PENN. PETER FORMA PARTE, SEN A MÁIS MÍNIMA DÚBIDA, DESE CLAN SUBLIME. A SÚA REPUTACIÓN NON DEIXA DE MEDRAR CON CADA ANO QUE PASA.
ANTES DE COÑECELO, TIVEN A OPORTUNIDADE DE ADMIRAR O SEU TRABALLO COMO ARTISTA, Á MARXE DE CALQUERA CONSIDERACIÓN PERSOAL.
CON TODO, PARA A MIÑA SORPRESA, AÍNDA MÁIS FASCINANTE QUE AS SÚAS IMAXES PODEROSAMENTE POÉTICAS FOI PODER CHEGAR A COÑECELO E COMPRENDER DE ONDE PROVIÑA TODA ESA MAXIA.


PETER ERA O EXEMPLO PERFECTO DE COMO A VERDADEIRA XENIALIDADE NON TEN TEMPO PARA EGOS DESMESURADOS OU CAPRICHOS DE DIVA.
DEMOSTROUNOS QUE SE PODE CREAR UNHA GRAN OBRA SENDO SENSIBLE E HUMILDE, QUE É POSIBLE CAPTURAR UNHA PROFUNDA BELEZA SEN ORNAMENTOS NIN ENGANOS E ALUMEAR ASÍ UNHA XENIALIDAD Á QUE CAEMOS FELIZMENTE RENDIDOS UNHA E OUTRA VEZ.
PARA MIN, AS MARABILLAS DO MUNDO, PESE A SEREN TODAS ELAS ÚNICAS NA SÚA ESENCIA, ESTABELECEN ÁS VECES PARALELISMOS FASCINANTES.
PETER E GALICIA GARDAN, NO MEU CORAZÓN, UNHAS SIMILITUDES ENORMES... NATUREZA INDÓMITA, BELEZA NATURAL, UNHA CALIDEZ HUMANA QUE TE CONTAXIA DE VIDA E UNHA HOSPITALIDADE SEN PAR.

EU TEÑO O GRAN PRIVILEXIO DE UNILOS A ÁMBOLOS DOUS E ISO É ALGO QUE ME FAI INMENSAMENTE FELIZ.

FÁGOO CO ÚNICO PROPÓSITO DE QUE TODO CORUÑÉS, TODO GALEGO, TODO ESPAÑOL E TODO AQUEL QUE CHEGUE A ESTA TERRA MARABILLOSA POIDA GOZAR E APRECIAR LIBREMENTE ESTA EXPOSICIÓN EXQUISITA QUE PETER PREPAROU ATA O DERRADEIRO DETALLE ANTES DE DEIXARNOS. ESPERO QUE SEXA - CREO FIRMEMENTE QUE SERÁ - O PUNTO DE PARTIDA PARA MOITOS QUE, UNHA VEZ SE INTERNEN NO MUNDO DE PETER, NAMORARÁN DAS SÚAS FOTOGRAFÍAS E TRATARÁN DE COÑECELO EN MAIOR PROFUNDIDADE. VEL
AQUÍ COMEZA A SÚA VIAXE.
O SOL BRILLOU PARA PETER, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, CANDO VEU VISITARNOS EN 2018. LEVOU UN ANACO DESTA TERRA NO CORAZÓN. ESPERO, AGORA, AQUÍ, QUE TODOS OS NOSOS CORAZÓN SE ENCHAN DEL.

UNHA ALMA COMO A SÚA NON MERECE MENOS. ESTA EXPOSICIÓN VAI PARA GALICIA, PARA PETER E PARA UN MUNDO QUE PRECISA APRENDER AS LECCIÓNS DE
BONDADE E TOLERANCIA QUE EL ACUBILLOU E QUE A SÚA OBRA NOS OFRECE SEMPRE QUE NOS ACHEGAMOS A ELA.

VISITA A NOSA WEB

SOBRE O ARTISTA

Peter  Lindbergh

Peter Lindbergh

COÑECIDO POLAS SÚAS IMAXES CINEMATOGRÁFICAS MEMORABLES EN BRANCO E NEGRO, PETER LINDBERGH (1944-2019) FOI PIONERO DUNHA NOVA FORMA DE REALISMO AO REDEFINIR OS CÁNONS DE BELEZA.
O SEU ENFOQUE HONESTO DIFERENCIOUNO DOS DEMAIS FOTÓGRAFOS AO DAR PRIORIDADE Á ALMA E Á PERSONALIDADE. LINDBERGH CAMBIOU DRASTICAMENTE OS ESTÁNDARES DA FOTOGRAFÍA DE MODA EN TEMPOS DE RETOQUES EXCESIVOS.

LINDBERGH FOI O PRIMEIRO FOTÓGRAFO QUE INCLUÍU UNHA NARRACIÓN NAS SÚAS SERIES DE MODA E A SÚA FORMA DE CONTAR HISTORIAS INTRODUCIU UNHA NOVA VISIÓN NA FOTOGRAFÍA DE MODA. A SÚA OBRA É FAMOSA POLOS SEUS RETRATOS SINGULARES E REVELADORES, IMPREGNADOS DE FORTES INFLUENCIAS DO PRIMEIRO CINE ALEMÁN E DA CONTORNA INDUSTRIAL DA SÚA INFANCIA EN DUISBURGO, RENANIA DO NORTE-WESTFALIA.

DESDE FINAIS DA DÉCADA DE 1970, PETER LINDBERGH COLABOROU CON TODAS AS GRANDES MARCAS DE MODA E REVISTAS, INCLUÍDAS AS EDICIÓNS AMERICANA E ITALIANA DE VOGUE. A SÚA OBRA FORMA PARTE DAS COLECCIÓNS PERMANENTES DE NUMEROSOS MUSEOS DE BELAS ARTES E AS SÚAS FOTOGRAFÍAS EXPÓÑENSE REGULARMENTE EN PRESTIXIOSAS INSTITUCIÓNS DE TODO O MUNDO, ENTRE ELAS O MOMU (ANVERES), O MOMA'S PS1 (NOVA YORK), O MUSEO DE ARTE BUNKAMURA (TOQUIO), O HAMBURGER BAHNHOF (BERLÍN) E O MUSEO PUSHKIN DE BELAS ARTES (MOSCOVA).

A FINAIS DOS ANOS 80, LINDBERGH ADQUIRIU FAMA INTERNACIONAL E IMPULSOU A CARREIRA DUNHA NOVA XERACIÓN DE MODELOS AO FOTOGRAFIALAS SUCESIVAMENTE EN CAMISA BRANCA, SEN CASE MAQUILLAXE E POUCO DESPOIS NAS RÚAS DE NOVA YORK PARA O NÚMERO DE XANEIRO 1990 DA REVISTA VOGUE BRITÁNICA, CONSIDERADA POR MOITOS COMO A "PARTIDA DE NACEMENTO DAS SUPERMODELOS", A XA MÍTICA PORTADA QUE INICIOU A CARREIRA DE LINDA EVANGELISTA, NAOMI CAMPBELL OU TATJANA PATITZ.

EN 2019, PETER LINDBERGH FALECEU TRISTEMENTE POUCOS DÍAS DESPOIS DE PRESENTAR OS PLANOS DESTA MONUMENTAL EXPOSICIÓN, "UNTOLD STORIES", NO KUNSTPALAST DE DÜSSELDORF, O SEU MANIFIESTO, O SEU DERRADEIRO XESTO CREATIVO.