información
O TRABALLO DE STEVEN MEISEL SEMPRE ME FASCINOU. RESULTA EVIDENTE, PARA MIN E PARA MOITOS SENSIBLES AO MUNDO DA MODA E DA BELLEZA, QUE STEVEN POSÚE UN DON.
CON TODO, NO FOI ATA HAI UNS ANOS, AO EMPEZAR A COLABORAR CON EL, CANDO REALMENTE PUIDEN PERCIBIR A ORIXE DESTE TRABALLO TAN EXTRAORDINARIO. NESE MOMENTO, A MIÑA FASCINACIÓN TRANSFORMOUSE NUNHA PROFUNDA ADMIRACIÓN POLA MAXIA QUE CREA COAS SÚAS FOTOGRAFÍAS.
STEVEN É MOITO MÁIS QUE UN GRAN FOTÓGRAFO; É UN VISIONARIO, UN PERFECCIONISTA, UN VERDADEIRO AMANTE DA MODA E DA BELLEZA EN TÓDALAS SÚAS FORMAS. UN ARTISTA EXQUISITO QUE COIDA CADA DETALLE E QUE NON DEIXA NADA AO AZAR. CREO QUE A FORZA DA SÚA OBRA NACE DUNHA EXCEPCIONAL SENSIBILIDADE E DUN ESTILO PERSOAL SEMPRE PRÓXIMO E AMABLE, FROITO DUNHA ENORME CONFIANZA NEL MESMO. VELO TRABALLAR É SER TESTEMUÑA DUNHA INCRIBLE VIAXE EMOCIONAL QUE TRANSFORMA NA SÚA VERSIÓN MÁIS FERMOSA A TODO AQUEL QUE SE PON DIANTE DO SEU OBXECTIVO.
COMO OCORRE CON CALQUERA PROFESIONAL QUE SALIENTA NO SEU OFICIO, AO TRABALLAR CON STEVEN É INEVITABLE SENTIR CERTA PRESIÓN POR CONSEGUIR QUE TODO SEXA PERFECTO. CON TODO, A CONFIANZA E O RESPECTO COS QUE DIRIXE O SEU EQUIPO XERAN SEMPRE UN AURA DE CALMA E SEGURIDADE. CANDO TRABALLAS CON STEVEN, SABES QUE ESTÁS EN MANS DUN MESTRE. ESTOU CONVENCIDA DE QUE AS EXQUISITAS OBRAS DE ARTE QUE CONCIBE SON RESULTADO DIRECTO DA SÚA CONFIANZA, DESTREZA TÉCNICA E DUN PROFUNDO AMOR POLO QUE FAI. SE QUEDO CON ALGO DO APRENDIDO AO COÑECELO E TRABALLAR CON EL, É CON DECATARME DE QUE O VERDADEIRO XENIO DUN ARTISTA EMANA DA HUMILDADE, DA AMABILIDADE E DO RESPECTO.
AS PERSOAS QUE BRILLAN COMO O FAI STEVEN NON TEÑEN A NECESIDADE DE MENOSPRECIAR OU IGNORAR O TALENTO DOUTROS; POLA CONTRA, MOITOS DOS QUE ENTRARON NO SEU MUNDO LABRARON UN PRESTIXIO E UN ÉXITO DE SEU GRAZAS Á SÚA INFLUENCIA. SUPOÑO QUE CANDO O TEU TALENTO E CREATIVIDAD SON TAN PODEROSOS, É POSIBLE SER FIEL A UN MESMO SEN DEIXARTE IMPRESIONAR POLA FAMA NIN DISTRAERTE CON ASUNTOS TRIVIAIS QUE ESTÁN FÓRA DO TEU CONTROL. AO CREAR IMAXES EXTRAORDINARIAS UNHA E OUTRA VEZ, STEVEN DEIXA, SINXELAMENTE, QUE O SEU TRABALLO FALE POR EL.
POR ESTA RAZÓN E PORQUE O ADMIRO COMO O INMENSAMENTE XENEROSO ARTISTA QUE É, FOI UNHA HONRA PARA MIN QUE ACCEDESE A TRAER UNHA EXPOSICIÓN TAN EXCEPCIONAL E ESPECIAL Á CORUÑA, ESTE PEQUENO E SINGULAR RECUNCHO DO MUNDO QUE É A MIÑA CIDADE. A EXPOSICIÓN DÉIXANOS ATISBAR O MÁXICO MUNDO DE STEVEN MEISEL DURANTE OS DOCE MESES DE 1993, UN DOS ANOS MÁIS PROLÍFICOS DA SÚA CARREIRA.
EN CADA UN DOS IMPRESIONANTES RETRATOS QUE A CONFORMAN, STEVEN TRASPASA A SUPERFICIE PARA CAPTURAR AS PARTICULARIDADES INDIVIDUAIS DOS SEUS MODELOS. SON, SEN DÚBIDA, ALGUNHAS DAS FOTOGRAFÍAS DE MODA MÁIS PODEROSAS E RELEVANTES QUE SE FIXERON NUNCA. ESTA MOSTRA NON SÓ AMPLIARÁ O RICO PATRIMONIO CULTURAL QUE OFRECE GALICIA, SENÓN QUE TAMÉN SERÁ FONTE DE ENORME INSPIRACIÓN PARA OS AFORTUNADOS QUE PODEN PASAR UN TIEMPO ANTE AS MAGNÍFICAS IMAXES DE STEVEN. NON PODO SENÓN SORRIR AO CONTEMPLAR A SÚA ESPLÉNDIDA OBRA, REUNIDA AQUÍ POR VEZ PRIMEIRA. ESPERO QUE TODOS GOCEDES DELA. GRAZAS, STEVEN, DE CORAZÓN.
E GRAZAS, A CORUÑA, POLO TEU CONSTANTE APOIO.
CON TODO O MEU CARIÑO E ADMIRACIÓN,
SOBRE O ARTISTA
STEVEN MEISEL É UN DOS FOTÓGRAFOS DE MODA MÁIS IMPORTANTES DA SÚA XERACIÓN.
TRAS INICIAR A SÚA CARREIRA COMO ILUSTRADOR, PROFESIÓN Á QUE ATRIBÚE A SÚA BOA VISIÓN GRÁFICA, DEBUTOU COMO FOTÓGRAFO CANDO UN BOOKER DE ELITE MODEL MANAGEMENT O INVITOU A FOTOGRAFAR A VARIOS DOS SEUS MODELOS.
DESDE A SÚA INFANCIA, REUNIRA UN MUNDO DE REFERENCIAS VISUAIS QUE SERVIRÍAN PARA DESENVOLVER A SÚA PARTICULAR ACHEGA Á FOTOGRAFÍA. "TODO EMPEZOU CANDO ERA MOI NOVO. CREO QUE EMPEZOU ATA ANTES DE QUE COMEZASE A TIRAR FOTOS. SIMPLEMENTE, GUSTÁBAME A MODA."
AS OBSESIÓNS TEMPERÁS DE STEVEN COS MODELOS, O ESTILO E A BELEZA PERMITÍRONLLE ASCENDER AO CUMIO DA PROFESIÓN. TODO ESE MUNDO QUE OBSERVARA DE NENO REFINOUSE NOS SEUS DEBUXOS E, MÁIS TARDE, NA SÚA FOTOGRAFÍA. A SÚA INFLUENCIA IMPULSOU MÚLTIPLES CARREIRAS, ESPECIALMENTE AS DE LINDA EVANGELISTA, NAOMI CAMPBELL, STELLA TENNANT E KRISTEN MCMENAMY, TODAS ELAS MOI REPRESENTADAS NESTA EXPOSICIÓN.
GALERÍA